C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

sábado, 28 de febreiro de 2015

O inverno

Aínda que con un pouco de retraso aquí vos deixo a actuación dos peques de EI 4A.
Moi acorde co tempo...Que frío!!!!!!!!!!


martes, 24 de febreiro de 2015

Rosalía de Castro




Hoxe como todos sabedes é o 178 aniversario do nacemento da nosa gran autora Rosalía de Castro.
Dende o equipo de Biblioteca queremos que pasedes un bo ratiño coñecendoa e coñecendo a súa obra e para iso deixámosvos aquí uns enlaces que seguro que vos gustan!

                           Biografía de Rosalía

                           Xogamos con Rosalía

Se vos apetece, na Biblio temos os seus libros.

Novidades Febreiro

Ola de novo!  
Dende a Biblio non queremos que vos aburrades de ler sempre os mesmos contos así que aquí vos traemos as novidades de febreiro. Pasade a botarlles un ollo!


xoves, 19 de febreiro de 2015

venres, 13 de febreiro de 2015

Mochila Viaxeira


Este mes comezamos coa mochila viaxeira. O obxectivo é fomentar o hábito de letura en toda a familia e que este sexa un motivo de achegamento entre os seus membros.
A maleta funciona coma un préstamo bibliotecario de unha semana. Cada venres un alumno/a da clase levaraa a casa e traeraa o seguinte venres.
Gustarianos que antes de devolver a mochila contribuades a elaborar un diario con calquera aportación: debuxo do que máis vos gustou, fotos, manualidades ou calquera cousa que se vos ocorra.
Moitas grazas a todos!!! Disfrutade coas mochilas!!

Gato Guille

Xa facía un tempiño que tiñámos este recanto un pouco abandonado.
 Hoxe toca un contiño que aínda que non o conta Xoán Carlos si que o leu na Biblio.
Esperamos que vos guste !

                                

martes, 10 de febreiro de 2015

Nova páxina web do colexio

Ola!
Ultimamente seguro que botáchedes en falta fotos das celebracións que facemos no cole, como por exemplo as do Día da Paz. Non nos olvidamos de vos, o que pasa é que dende agora estas cousiñas imos a publicalas na nova páxina web do colexio.
Ademais das fotos das celebracións, poderedes ver o que fan os nenos en cada curso, as novas relacionadas cos períodos de matrículas, convocatorias de eleccións para o consello escolar.... En definitiva procuraremos mantervos informados de todo o que pasa no colexio.
Peeeeeeero ... Non nos olvidedes! En Biblioleroucho tamén imos a seguir traballando para vos!



 Web do Colexio
                                             (pinchade na imaxe)

Esperamos que vos guste e vos sexa útil