As nenas e nenos de 1º convertíronse en piratas por un día na biblioteca de Arteixo. Distribuíronse en grupos e, coa axuda dun mapa, buscaron pistas e pasaron probas (laberintos, sopas de letras, puzzles,...) que os levou á "Chave do tesouro" (un marcapáxinas), xa que os tesouros son os libros.
Para rematar a actividade tiveron que adiviñar, entre os piratas expostos nun taboleiro, cales foron reais e cales de ficción.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o fixeron...