C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

venres, 30 de maio de 2014

Sol solecito!

Parece que todos temos xa moitas gañas de que veña o sol!! 
Mirade os pequeniños de EI3anos como o chamaban hoxe na Biblioteca.


Que feitos son!

domingo, 25 de maio de 2014

Os avós

O venres, adicámoslles á lectura aos avós, aproveitando que tiñamos a Ana e Amparo facendo a alfombra floral. 

Flores para Leroucho

O venres viñeronnos a visitar Ana e Amparo, que forman parte da AAVV San Xosé Obreiro de Meicende. A súa visita foi moi especial , vos preguntaredes...e logo?? Pois por que ademáis, Ana é a avoa de dous nenos do noso cole, Antón e Martín Paz.
Queredes saber para que nos visitaron? Pois viñeronnos facer unha fermosa alfombra floral co noso LEROUCHO de protagonista!
Os peques do 1º Ciclo axudaron nos preparativos: desfollaron as flores, moveron o café.... e despois fixéronlles un fermoso libro de debuxos explicándolles o importantes que eran para eles os avós.



flores para leroucho by Slidely Slideshow

Que vos parece??

venres, 23 de maio de 2014

O noso maio

Estos días estivemos a elaborar o noso maio e queremosvos ensinar como o fomos facendo e o bonito que quedou!
Que opinades?

A formiguiña!

Hoxe , como tódolos venres tivemos animación á lectura na Biblioteca e os pequeniños de EI 4 anos, tiveron un pequeno problema cunha formiguiña! Que lles pasaría?? 





mércores, 21 de maio de 2014

Festival Letras Galegas

O pasado venres, dentro da Semana Cultural das Letras Galegas, celebramos un festival no que os nenos recitaron,. cantaron  e festexaron o galego.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Estade atentos, que prontiño poderedes ver todas as actuacións!


As dúas casas de Alicia

A animación á lectura de hoxe correu a cargo dos alumnos de 6º que nos contaron o conto "as dúas casas de Alicia".




luns, 19 de maio de 2014

O pescador de contos

O venres, tivemos na Biblioteca a Anxo Moure.Estivo pescando contos e  facendo coas súas historias as delicias dos grandes e dos pequenos!
Contou cuns axudantes incribles, que lle axudaron a pescar historias no inmenso mar que son os contos.



O pescador de contos by Slidely Slideshow

sábado, 17 de maio de 2014

Poeta Díaz Castro

Como culminación da nosa semana de celebracións das Letras Galegas, hoxe, no seu día, queremos deixar aquí no blogue a nosa pequena homenaxe a Díaz Castro.
Esperamos que vos guste!



POETA DÍAZ CASTRO by Slidely Slideshow

venres, 16 de maio de 2014

Abre as túas portas ao galego

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, inauguramos na Biblioteca a exposición
" ABRE AS TÚAS PORTAS AO GALEGO".
Animádevos a entrar a vela!


xoves, 15 de maio de 2014

A Ecopatrulla

Cando chegamos pola mañá, na Biblioteca , estábanos esperando a Ecopatrulla.
 Viñéron a explicarnos unha morea de cousas: canta auga hai no planeta, canta gastamos ao día e aprendemos como podemos aforrar auga!


O 1º Ciclo e as Fragas de Sisalde

Hoxe tocoulle aos rapaces do 1º Ciclo visitar as Fragas de Sisalde!
 Fixeron fariña no muiño, viron esquíos, aprenderon a diferenciar árbores polas súas follas e puideron correr detrás da bolboreta Pavo Real. 
Non pararon!


As fragas de Sisalde by Slidely Slideshow

Xa que vamos a Sisalde.....

Estos días estamos visitando As fragas de Sisalde, e xa nos comentáchedes que tiñades ganas de saber máis sobre árbores, animais, ..... así que aquí vos deixamos algúns libros que temos na biblioteca. 
Pasade por aquí que hai moitos libros que vos van a encantar



mércores, 14 de maio de 2014

Saída Fraga de Sisalde 3º

A Fraga de Sisalde, situada na parroquia de Barrañán, é unha das últimos testemuñas que posúe o Concello de Arteixo da Galicia de antano. Nunha superficie aproximada de 10 hectáreas proliferan os ameneiros e os salgueiros á beira do río que a percorre -Río Sisalde- e tamén os castaños e carballos. En canto á fauna podemos salientar a lontra e a escrebenta das canaveiras, especie catalogada en "Perigo de extinción".
A beira do Río Sisalde restauráronse recentemente dous muíños dos moitos que predominaban pola zona. Os muíños representan un alto valor cultural e patrimonial e dignifican a simbiose que antano tiñan o ser humano e o medio natural, sendo un rexistro dos pasos que deron os nosos devanceiros para substituíren o esforzo humano e animal como fonte de enerxía por outras alternativas.

Esta mañá os nenos e nenas de 3ºA e 3º B fixeron unha saída didáctica e, coa axuda dun guía, aprenderon un pouquiño máis sobre este fermoso entorno. A verdade é que o tempo acompañou e todos desfrutaron moito...

martes, 13 de maio de 2014

Novidades maio

Pasádevos pola Biblioteca, temos novidades que seguro que vos gustan!


MERO E MINI

Hoxe comezamos a nosa Semana Cultural das Letras Galegas coa actuación de Mero e Mini. A verdade é que nos deixaron a todos abraiados coa súa arte!!!!!!!!!!!
Aquí vos deixamos un anaquiño da súa actuación , esperamos que a disfrutedes!





Mirade para aquí....

venres, 9 de maio de 2014

Os días da semana

Hoxe os rapaces de EI 5 anos recitaron unha fermosa poesía sobre os días da semana. 
Que ben o fixeron!!!!!!!



Falando destes pequeniños..... botádelle unha ollada ao seu blogue de aula fan cousas chulísimas!!!!!!

                                          blogue de aula EI 5 anos

Día de Europa

Hoxe celébrase o Día de Europa. Seguro que queredes saber o motivo,  lede atentamente!!!!


Si queredes saber máis sobre Europa pasade pola Biblioteca , temos uns libros preparados!


luns, 5 de maio de 2014

Coñecendo os xogos tradicionais

O día 30 de abril os alumnos de 4º EP tivemos unha visita moi especial! Visitáronnos Carmen, Marisa, Carmen, Alfonso, María e Carmen, do centro de maiores de Arteixo, acompañados por Beatriz.
Con eles  coñecemos algúns dos xogos cos que se divertían moitos dos nosos avós: a comba, as chapas, as catro esquinas, a ferradura, e os tres en raia....
Pasámolo xenial e disfrutamos moitísimo! Mirade....


xogos tradicionais by Slidely Slideshow

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS

Xosé María Díaz Castro (1914-1990) forma parte da chamada “escola mindoniense” xunto con escritores como Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño..., mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.

A continuación deixámosvos un enlace á Secretaría Xeral de Política Lingüística, donde poderedes aprender e ler máis sobre este escritor ao que se adican as letras 2014.

Os que preferides aprender a través do xogo podedes facelo nos seguintes LIM elaborados polo CEIP Mallón
LIM Infantil
LIM 1º ciclo Primaria
LIM 2º ciclo Primaria

E xa para rematar queremos compartir con vós unha fermosa canción feita polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro, adicada ao escritor. Esperamos que vos guste!