C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

mércores, 17 de decembro de 2014

Nadal 2014

Ola rapaces e rapazas!!xa se acerca o Nadal e na Biblioteca do cole temos uns cantos contiños sobre este tema, pasade a preguntar! Aquí vos deixamos unha pequena mostra.




E tamén deixamos unha pequena recomendación para os Reis Magos e Papá Noel, por si queren deixarvos algún contiño na árbore.



martes, 16 de decembro de 2014

Carteiro Real

Onte recibimos na Biblioteca a visita do carteiro real e a sua axudante. Cantamos panxoliñas, démoslles a nosa carta para os Reis.Foi moi divertido!


PATRICIA BIBLIOTECA de Slidely by Slidely Slideshow

venres, 12 de decembro de 2014

Comidas saudables

Os rapaces e rapazas de 2ºB ensináronnos a comer de maneira saudable


                                  

Mirade para aquí que boa pinta os platos que fixeron!



mércores, 10 de decembro de 2014

mércores, 3 de decembro de 2014

venres, 28 de novembro de 2014

El libro negro de los colores

Aquí temos aos rapaces e rapazas de 1º, recitando unha poesía sobre as cores.




Están feitos uns artistas

venres, 21 de novembro de 2014

Novidades

Como xa fixemos o curso pasado, este ano tamén vos imos ir contando cales son as novidades que hai na biblioteca!
Animarvos a vir botar un ollo!

La ventanita de EI 3 anos

A "ventanita" da clase dos peques de EI 3anos cóntalles o tempo que vai fora. A que vos non tedes ningunha así de especial??


Sabeliña e o Xigante

Xa nos dixo Leroucho que botabades de menos o contiño de Xoán, aquí vos deixamos o desta semana

 

martes, 18 de novembro de 2014

Recomendacións de Lectura


Ola rapazas e rapaces!
Hai algún libro que vos gustara moito e pensedes  que lle pode gustar  aos vosos compañeiros? Pois pasade pola Biblioteca ou preguntade pola profe Lucía na clase de 2ºB  e a gravaremos para subila ao blogue.

venres, 14 de novembro de 2014

O pequeno outono

Mirade que árbores e nubes tan feitiños viñeron hoxe á Bilioteca a falarnos do outono!


mércores, 12 de novembro de 2014

Os contiños de 3ºB

Como xa nos anunciaron antes de comenzar.... Hoxe iban contar un conto, un conto moi especial!   

Fixérono xenial.Non vos parece?

venres, 7 de novembro de 2014

Ao colexio con alegría!

Hoxe tocoulles o turno aos peques de EI 4A , e fixeron esta poesía!





 Quedoulles moi ben, non vos parece??

mércores, 5 de novembro de 2014

BEBÉ BIGOTES

Hoxe tocoulles o turno aos rapaces e rapazas de 4º de EP. Leronnos o conto BEBÉ BIGOTES, e quedoulles moi ben.!!!!!!!!!!!!!


bebe bigotes

non vos parece???

xoves, 30 de outubro de 2014

Celebrando Samaín

Como xa sabedes , esta semana no colexio celebramos o Samaín coa nosa xa tradicional exposición de cabazas e a degustación de castañas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos.


samaín-magosto by Slidely Slideshow

domingo, 26 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014

Aquí estamos de novo para recomendarvos uns libros que seguro vos gustan. Esta vez, tócanos ler sobre monstruos, bruxas... Estamos no Samaín!!!!!!!!!!!!


venres, 24 de outubro de 2014

Corre corre cabaciña

 Os rapaces e rapazas de EI 5 nos representaron o conto Corre corre cabaciña.
Que ben o fixeron!

mércores, 22 de outubro de 2014

O territorio da man

Hoxe por fin volvemos a ter , coma tódolos mércores a animación do 2º e 3º CICLO, e os rapaces e rapazas de 5º deixáronnos abraiados!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Vos sabiades dos problemas que tiñan no territorio da man? pois mirade, mirade!

venres, 17 de outubro de 2014

O outono

Que vos parece o outono?  a nós gústanos un pouquiño máis dende que os rapaces e rapazas de 2ºA nos recitaron esta poesía.
Seguro que a vos tamén vos pasa!

venres, 3 de outubro de 2014

POESÍA DA LETRA A

Despois de repoñer forzas todo o verán, aquí veñen os rapaces de 1º cunha poesía da Letra A.



que vos parece? a que o fixeron moi ben!!!!!!!!!!


luns, 8 de setembro de 2014

Leroucho saúda

Esta semana Leroucho está moi nervioso, xa non queda nada para que voltedes ao cole e quíxovos mandar unha mensaxe!
Espera que teñades tantas ganas de velo coma él a vós, e que veñades preparados para tooooodo o que ides facer xuntos durante este curso!!


venres, 8 de agosto de 2014

0 y Los números

Aquí estamos con vos outro venres mais, hoxe vimos con" 0 y Los números". Esperamos que vos guste!

venres, 1 de agosto de 2014

Me aburro!!!!!!!!!!!!!!!!

Ola outro venres máis! aquí estamos de novo cun contiño! 
Seguro que a vós non vos pasa como ao neno deste conto! 

venres, 18 de xullo de 2014

Nicomedes O Pelado

Que tal as vacacións?  o estades pasando ben? Esperamos que nos botedes un pouquiño de menos, nos a vos si!Mentres non nos vemos,  aquí  vos deixamos outro contiño.


venres, 11 de xullo de 2014

El camaleón de colores

E como o prometido é debeda e hoxe é venres... Aquí vos traemos "EL CAMALEÓN DE COLORES"


venres, 4 de xullo de 2014

O homiño de papel

Ola!!!!!!!!!!que pensabades, que nos íamos olvidar de vos nas vacacións? Diso nada, aquí está como todos os venres o contiño de Xoan Carlos!



Esperamos que vos gustase!
Non vos olvidedes de nos, os venres haberá un contiño!!!!!!!!!!!!!!

sábado, 21 de xuño de 2014

Actuación Fin de curso

Aquí vos deixamos a actuación dos nosos rapaces e rapazas de 6º co profe Xoán Carlos. 
Como podedes ver encárganse de representar o mellor que nos levamos deste Comenius, AMIGOS.



venres, 20 de xuño de 2014

Exposición COMENIUS

Como xa sabedes o noso colexio participou  durante dous anos no Programa Comenius. Co remate deste curso  remata tamén a nosa participación e quixemos facer unha exposición para que puidesedes ver todo o que estivemos a traballar!
Temos que agradecer a participación de todos os pais e nais que viñechedes  a vela cos  peques!




EXPOSICIÓN FINAL COMENIUS by Slidely Slideshow


xoves, 19 de xuño de 2014

Presentación Italia

A nosa última visita foi a Italia, a cidade de Monopoli e con ela cerramos a nosa participación, polo de agora, no Programa COMENIUS.
Seguro que vos apetece aprender un pouquiño sobre eles!
Aquí vos deixamos a presentación que nos preparou a profe Leticia.

martes, 17 de xuño de 2014

O noso paso polo COMENIUS

E aquí vos deixamos un pequeno resumo en fotos do noso paso polo Programa Comenius.   


Young Europe Photo Album

COMENIUS e a Sección bilingüe

Como xa sabedes, no noso colexio en 1º de EP a clase de plástica a da a profe Leticia, en inglés. Son as chamadas seccións bilingües, nas que tamén participamos.
Esta é unha pequena mostra de todo o que fixeron! 
MANUALIDADES COMENIUS by Slidely Slideshow
Que vos parece, gustouvos??

sábado, 14 de xuño de 2014

Tic Tac

Que día é ??? Venres! Claro, hoxe tamén temos un contiño de Xoán Carlos.
Aquí vos deixamos TIC TAC. 
Que faríades vos se fósedes encontrando segundos?


venres, 13 de xuño de 2014

2ºA y La noche estrellada

Continuando coa súa viaxe polo mundo da arte, os rapaces de 2ºA  recitaron hoxe na biblioteca unha poesía do libro Gori Gori sobre o cuadro co que estiveron traballando. "LA NOCHE ESTRELLADA" de Van Gogh.


venres, 6 de xuño de 2014

Un contiño para o venres

Contounos o noso LEROUCHO que vos gusta moito que poñamos no blogue os contiños que nos lee Xoán Carlos os venres na Biblioteca, así que aquí vos traemos o de hoxe, Nina buena Nina mala, unha nena moi boa que de súpeto quixo ser mala. Que fará?

VAN GOGH e 2ºB

Os rapaces de 2º, estiveron a traballar a diversos autores neste curso.Comenzaron con Torres García e Miró, xa víchedes a súa exposición, e agora están con Van Gogh.
Hoxe a animación á lectura de Biblio, tocoulles aos rapaces de 2ºB, que nos recitaron un poema do libro GORI GORI sobre un dos cuadros que traballaron, "La habitación de Arles".

Continuando co Festival

Prontiño prontiño..........
 Aqui veñen as actuacións do 2º e o 3º CICLO.


xoves, 5 de xuño de 2014

Festival Letras Galegas

Aínda que con un pouco de retraso o prometido é debeda así que aquí está o Festival do Día das Letras Galegas.
Comezamos con EI e o 1º CICLO


Esperamos que a espera pagase a pena!
Estade atentos,  prontiño poremos o resto!

mércores, 4 de xuño de 2014

O Sixto 2014

Despois de moito traballar por fin temos aquí a nosa revista deste ano en formato dixital!!
Para vela mellor tedes que premer no cadrado e logo darlle á lupa para ampliar ao pasar as páxinas.



Grazas a tod@s os que contribuíron a que esto fora posible coa súa ilusión e esforzo.

Boa lectura!!

venres, 30 de maio de 2014

Sol solecito!

Parece que todos temos xa moitas gañas de que veña o sol!! 
Mirade os pequeniños de EI3anos como o chamaban hoxe na Biblioteca.


Que feitos son!

domingo, 25 de maio de 2014

Os avós

O venres, adicámoslles á lectura aos avós, aproveitando que tiñamos a Ana e Amparo facendo a alfombra floral. 

Flores para Leroucho

O venres viñeronnos a visitar Ana e Amparo, que forman parte da AAVV San Xosé Obreiro de Meicende. A súa visita foi moi especial , vos preguntaredes...e logo?? Pois por que ademáis, Ana é a avoa de dous nenos do noso cole, Antón e Martín Paz.
Queredes saber para que nos visitaron? Pois viñeronnos facer unha fermosa alfombra floral co noso LEROUCHO de protagonista!
Os peques do 1º Ciclo axudaron nos preparativos: desfollaron as flores, moveron o café.... e despois fixéronlles un fermoso libro de debuxos explicándolles o importantes que eran para eles os avós.



flores para leroucho by Slidely Slideshow

Que vos parece??

venres, 23 de maio de 2014

O noso maio

Estos días estivemos a elaborar o noso maio e queremosvos ensinar como o fomos facendo e o bonito que quedou!
Que opinades?

A formiguiña!

Hoxe , como tódolos venres tivemos animación á lectura na Biblioteca e os pequeniños de EI 4 anos, tiveron un pequeno problema cunha formiguiña! Que lles pasaría?? 





mércores, 21 de maio de 2014

Festival Letras Galegas

O pasado venres, dentro da Semana Cultural das Letras Galegas, celebramos un festival no que os nenos recitaron,. cantaron  e festexaron o galego.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Estade atentos, que prontiño poderedes ver todas as actuacións!


As dúas casas de Alicia

A animación á lectura de hoxe correu a cargo dos alumnos de 6º que nos contaron o conto "as dúas casas de Alicia".




luns, 19 de maio de 2014

O pescador de contos

O venres, tivemos na Biblioteca a Anxo Moure.Estivo pescando contos e  facendo coas súas historias as delicias dos grandes e dos pequenos!
Contou cuns axudantes incribles, que lle axudaron a pescar historias no inmenso mar que son os contos.



O pescador de contos by Slidely Slideshow

sábado, 17 de maio de 2014

Poeta Díaz Castro

Como culminación da nosa semana de celebracións das Letras Galegas, hoxe, no seu día, queremos deixar aquí no blogue a nosa pequena homenaxe a Díaz Castro.
Esperamos que vos guste!



POETA DÍAZ CASTRO by Slidely Slideshow

venres, 16 de maio de 2014

Abre as túas portas ao galego

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, inauguramos na Biblioteca a exposición
" ABRE AS TÚAS PORTAS AO GALEGO".
Animádevos a entrar a vela!


xoves, 15 de maio de 2014

A Ecopatrulla

Cando chegamos pola mañá, na Biblioteca , estábanos esperando a Ecopatrulla.
 Viñéron a explicarnos unha morea de cousas: canta auga hai no planeta, canta gastamos ao día e aprendemos como podemos aforrar auga!


O 1º Ciclo e as Fragas de Sisalde

Hoxe tocoulle aos rapaces do 1º Ciclo visitar as Fragas de Sisalde!
 Fixeron fariña no muiño, viron esquíos, aprenderon a diferenciar árbores polas súas follas e puideron correr detrás da bolboreta Pavo Real. 
Non pararon!


As fragas de Sisalde by Slidely Slideshow

Xa que vamos a Sisalde.....

Estos días estamos visitando As fragas de Sisalde, e xa nos comentáchedes que tiñades ganas de saber máis sobre árbores, animais, ..... así que aquí vos deixamos algúns libros que temos na biblioteca. 
Pasade por aquí que hai moitos libros que vos van a encantar



mércores, 14 de maio de 2014

Saída Fraga de Sisalde 3º

A Fraga de Sisalde, situada na parroquia de Barrañán, é unha das últimos testemuñas que posúe o Concello de Arteixo da Galicia de antano. Nunha superficie aproximada de 10 hectáreas proliferan os ameneiros e os salgueiros á beira do río que a percorre -Río Sisalde- e tamén os castaños e carballos. En canto á fauna podemos salientar a lontra e a escrebenta das canaveiras, especie catalogada en "Perigo de extinción".
A beira do Río Sisalde restauráronse recentemente dous muíños dos moitos que predominaban pola zona. Os muíños representan un alto valor cultural e patrimonial e dignifican a simbiose que antano tiñan o ser humano e o medio natural, sendo un rexistro dos pasos que deron os nosos devanceiros para substituíren o esforzo humano e animal como fonte de enerxía por outras alternativas.

Esta mañá os nenos e nenas de 3ºA e 3º B fixeron unha saída didáctica e, coa axuda dun guía, aprenderon un pouquiño máis sobre este fermoso entorno. A verdade é que o tempo acompañou e todos desfrutaron moito...

martes, 13 de maio de 2014

Novidades maio

Pasádevos pola Biblioteca, temos novidades que seguro que vos gustan!


MERO E MINI

Hoxe comezamos a nosa Semana Cultural das Letras Galegas coa actuación de Mero e Mini. A verdade é que nos deixaron a todos abraiados coa súa arte!!!!!!!!!!!
Aquí vos deixamos un anaquiño da súa actuación , esperamos que a disfrutedes!





Mirade para aquí....

venres, 9 de maio de 2014

Os días da semana

Hoxe os rapaces de EI 5 anos recitaron unha fermosa poesía sobre os días da semana. 
Que ben o fixeron!!!!!!!



Falando destes pequeniños..... botádelle unha ollada ao seu blogue de aula fan cousas chulísimas!!!!!!

                                          blogue de aula EI 5 anos

Día de Europa

Hoxe celébrase o Día de Europa. Seguro que queredes saber o motivo,  lede atentamente!!!!


Si queredes saber máis sobre Europa pasade pola Biblioteca , temos uns libros preparados!


luns, 5 de maio de 2014

Coñecendo os xogos tradicionais

O día 30 de abril os alumnos de 4º EP tivemos unha visita moi especial! Visitáronnos Carmen, Marisa, Carmen, Alfonso, María e Carmen, do centro de maiores de Arteixo, acompañados por Beatriz.
Con eles  coñecemos algúns dos xogos cos que se divertían moitos dos nosos avós: a comba, as chapas, as catro esquinas, a ferradura, e os tres en raia....
Pasámolo xenial e disfrutamos moitísimo! Mirade....


xogos tradicionais by Slidely Slideshow

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS

Xosé María Díaz Castro (1914-1990) forma parte da chamada “escola mindoniense” xunto con escritores como Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño..., mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.

A continuación deixámosvos un enlace á Secretaría Xeral de Política Lingüística, donde poderedes aprender e ler máis sobre este escritor ao que se adican as letras 2014.

Os que preferides aprender a través do xogo podedes facelo nos seguintes LIM elaborados polo CEIP Mallón
LIM Infantil
LIM 1º ciclo Primaria
LIM 2º ciclo Primaria

E xa para rematar queremos compartir con vós unha fermosa canción feita polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro, adicada ao escritor. Esperamos que vos guste!


mércores, 30 de abril de 2014

Navegando entre piratas

As nenas e nenos de 1º convertíronse en piratas por un día na biblioteca de Arteixo. Distribuíronse en grupos e, coa axuda dun mapa, buscaron pistas e pasaron probas (laberintos, sopas de letras, puzzles,...) que os levou á "Chave do tesouro" (un marcapáxinas), xa que os tesouros son os libros.
Para rematar a actividade  tiveron que adiviñar, entre os piratas expostos nun taboleiro, cales foron reais e cales de ficción.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o fixeron...

Presentación Polonia

En abril as profes  Leticia, Ángela e Loli viaxaron a Polonia a coñecer o colexio dun dos nosos socios no Progama COMENIUS.
Ao voltar ao cole, fixeronnos unha presentación na que nos explicaban cales eran as súas costumes, os pratos típicos, os seus lugares e monumentos emblemáticos...
Así quedou.

martes, 29 de abril de 2014

E Leroucho é................

Por fín!!!!!!!!!! Aquí está Leroucho a nosa mascota!!!!!!!
Dámoslle a benvida ao noso cole, xa o iredes coñecendo pouco a pouco



Gracias DAISY  , de 2ºA, pola túa creación!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

sábado, 26 de abril de 2014

O moucho Leroucho

Xa sabemos que estades desexando saber cal é o Moucho Leroucho gañador pero............. sabedes que pasou? Que llo dixemos primeiro a él e díxonos que esperásemos un pouquiño, que era moi vergoñento e tiña primeiro que acostumarse a esto da fama. 
Pero non vos preocupedes que prontiño o coñeceredes!!!!!!!!!!!!!!!!

Polonia

Onte a profe Leticia contounos un montón de cousas de Polonia,un dos nosos compañeiros no Programa Comenius. Vimos cal era a súa moeda, os seus lugares mais coñecidos, a súa comida....Canto aprendimos!

venres, 25 de abril de 2014

Elefante comellón

Hoxe a profe Leti contounos cousas de Polonia e non tivemos actuacións dos peques....Asi que aquí vos deixamos o contiño que nos leu Xoán Carlos que seguro que vos apetece volver a escoitalo. Canto nos rimos con ese Elefante lambón.



mércores, 23 de abril de 2014

Hoxe tócalle a.....

Que día é hoxe? Méeeeeeeercores! Xa pensabades que non había nada de animación á lectura verdade? Pois aquí temos aos rapaces e rapazas de 6º cun conto de Mongolia ! Que pasará? Xa nos diredes si vos gustou!

Recomendacións para o Día do Libro

Hoxe non imos poñer ningún título, pensamos que non hai mellor recomendación de lectura que ver como os rapaces disfrutan cun libro na man. 
Mirade para aquí...

Por qué hoxe se celebra o Día do Libro?


venres, 18 de abril de 2014

un contiño para vacacións

Ola rapaces e rapazas! Seguro que o estades a pasar xenial en vacacións pero tamén botades de menos o contiño do venres!  
Aquí vos deixamos un que nos conta Xoán Carlos.
Esperamos que vos goste!




domingo, 13 de abril de 2014

Recital de poesía 3º ciclo E.P.

O alumnado do 3º ciclo adicou o seu recitado a Roald Dahl, deleitándonos con "El lobo bobo y Caperucita Roja", "Los tres cerditos" e "Poesía para los colegios". 
O remate deste recital non podía ser doutro xeito que lembrando a nosa poetisa máis popular, Rosalía de Castro. Un grupo de alumnos de 5º e 6º animáronse a cantar "Adiós ríos, adiós fontes", acompañados á guitarra do profe Juan Carlos. Parabéns!!




venres, 11 de abril de 2014

Recital de poesía 2º ciclo de E.P.

Aquí vos deixamos a actuación dos nenos e nenas de 3º A e 3º B, con música incluida!! 
Ademáis grazas a Catalin puidemos escoitar un fragmento dun poema rumano, traducido logo por Brian ao castelán. 
Para rematar o alumnado de 4º invitounos a soñar con Juanito Pierdedías e as súas doces aventuras.



Novidades de abril

Aquí están xa as vacacións e seguro que vos apetece ter un bo libriño a man. Animádevos coas novidades de Abril!












Esperámosvos na Biblioteca!

xoves, 10 de abril de 2014

Non todo vai ser ler...

Que vos parece o blogue? Ides familiarizándovos con el? 
Para os que comezades a visitalo, queremos lembrarvos que non todo vai de lectura...

Os fans de Gerónimo e Tea Stilton, Bat Pat ou Os Bolechas tamén teñen cabida no blogue, por iso ademáis das entradas que imos publicando coas vosas actuacións, lecturas, traballos, etc. tamén actualizamos os xogos que podedes atopar na parte dereita do blogue donde simplemente con facer un clic enriba da imaxe poderedes acceder a un montón de xogos e actividades como:
   

Recital poesía 1º ciclo E.P.

É o turno dos nenos e nenas de 1º e 2º, mirade que maneira de recitar!!


mércores, 9 de abril de 2014

Segue o suspense

Seguro que estades moi intrigados e queredes saber mais. 
Pois veña, outro pouquiño para hoxe. Aquí vos deixamos os outros 5 finalistas.




Quen será?

martes, 8 de abril de 2014

Recital de poesía

O pasado 2 de abril tivemos na biblioteca un recital de poesía como colofón aos traballos que fixemos sobre diversos autores procedentes dos países que forman parte do proxecto COMENIUS, no que participa o cole.
Aquí deixamos as actuacións dos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. Esperamos que vos guste.





En vindeiros días subiremos os vídeos de tódolos participantes, estade atentos xa que non vos defraudarán.


Que che pasou CAMILA?

Coñecedes o conto da cebra Camila?


  Pobriña  o vento bandido lle levou o vestido!!!!!!!!!!
Onte visitounos no Cole  e os nenos de 1ºCiclo escoitaron a súa historia , axudárona e xogaron con ela. 





E os finalistas son....

Como xa sabedes, o concurso para debuxar a LEROUCHO, a nosa mascota, remataba onte.
Seguro que tedes moita curiosidade por saber quen foi o gañador e como é a nosa mascota. 
Vades ter que esperar un pouquiño, se o dixesemos asi sen mais non tería gracia, hai que darlle un chisco de emoción e suspense asi que aquí vos deixamos 5 dos 10 finalistas.




OLLO!!!!!!!!!!!!!!! Será LEROUCHO  un deles???

sábado, 5 de abril de 2014

E si ledes....

Os rapaces e rapazas vanse animando coas recomendacións, aquí vos deixamos a de Silvana e Alicia.



Algún de vos xa leu este conto? Que vos pareceu? Contádenos! 

xoves, 3 de abril de 2014

Mirade como recitamos

Onte tivo lugar o recital de poesía e hai que felicitar aos rapaces e rapazas, que vos vamos dicir, AUTÉNTICOS PROFESIONAIS.
 Xa sabemos que tedes moitas ganas de ver as actuacións, pero mentres chegan, ímosvos poñer os dentes longos con estas fotos.

RECITAL POESÍA by Slidely Slideshow


Que vos parece?? Tedes ganas de mais? Contádenos!

Contacontos

Hoxe, na biblioteca do cole, tivemos unha actividade de contacontos para os pequenos de EI e os rapaces de 1º Ciclo.
Contáronnos dous contos de Kalandraka, "MAMÁ" e "BOAS NOITES BUFO" , foi moi divertido , cantamos, rímonos....Gustounos moito!
Deixámosvos unhas fotos do contacontos  e prontiño poremos tamén un anaquiño da actividade!
CONTACONTOS KALANDRAKA by Slidely Slideshow

Queredes saber?

O prometido é débeda! 
Aquí estamos de novo para contarvos  o porqué  de que o  2 de abril sexa o Día Internacional do Conto Infantil


mércores, 2 de abril de 2014

Para ler un pouquiño

Hoxe é o Día Internacional do Conto Infantil, e aquí vos deixamos as nosas recomendacións de lectura.



Por certo, algún de vos sabe a que é debido que se celebre xusto hoxe o Día do Conto Infantil??? 
NOOONNN? Pois abride ben os ollos e non vos despistedes que prontiño ven a súa historia.
 Mentres tanto......................A LER!!!!!!!

martes, 1 de abril de 2014

Programa do Recital de Poesía

Mañá as 12.30 terá lugar o noso recital de poesía " EUROPA ESCRIBE VERSOS",  aquí vos deixamos o programa. 


Parécevos interesante?? pois estade pendientes que prontiño o poderedes ver aquí !!!!!!!!!!!!!

O GATO LAMBÓN

A semana pasada a animación á lectura correu a cargo do alumnado de 5ºA. Escolleron o conto "O gato lambón" de Kalandraka, un gato insaciable que come todo o que se lle pon por diante, e fixérono así de ben...


Agardamos comentarios. Como vos vedes?
Non teredes algún gato lambón na casa??

Como vos vai con LEROUCHO???


Que tal vos vai debuxando a Leroucho? xa o tedes feito? 
Animádevos a participar no concurso para debuxar á mascota da biblioteca. Se dubidades... aínda tedes tempo, o plazo remata o 7 de abril!
SORTE!

venres, 28 de marzo de 2014

Dime que fixeches!!

Hoxe os rapaces de 1ºB cantáronnos unha canción para animar a Biblioteca .Que tal lles quedou?Gústavos?


martes, 25 de marzo de 2014

Unha de piratas

Entre adiviñas, poemas e cancións de piratas andan estes días os nenos de 4 anos, así no lo amosaron na biblioteca. Mirade que ben o fixeron...




sábado, 22 de marzo de 2014

Recomendacións

Xa fúchedes  ver a exposición de pintura? Gustouvos? Pois animádevos a vir pola biblioteca e ler máis sobre o tema, aquí vos deixamos algún dos libros de arte que temos!



 Coñecer o ARTE

                                                       


venres, 21 de marzo de 2014

Podedes ler.....

Queredes ler e non sabedes que libro escoller? Pois Anxo, Andrea e Tania, Natalii e Marta e Maimouna téñeno moi claro...





Exposición Pintura

E como xa vos anunciamos fai uns días, hoxe, inauguramos no 1º andel do Colexio, a primeira exposición de pintura.
Nesta ocasión os autores son os rapaces e rapazas de 2ºde EP. Os seus traballos baséanse na obra de TORRES GARCÍA E JOAN MIRÓ.

GALERÍA DE ARTE by Slidely Slideshow

ACRÓSTICOS

Hoxe tocáballes aos rapaces e rapazas de 2ºA facer á animación á lectura na Biblioteca e aproveitando que hoxe era o Día Mundial da Poesía recitáronnos uns acrósticos feitos cos seus nomes.


                               

Que fermosos versos!

Seguro que vos apetece ler un pouquiño, pois hoxe é o Día Mundial da POESIA, acercádevos pola Biblioteca e animádevos a levar un libro! 





El Caballito, de 2ºA

Os  rapaces de 2ºA tamén se animaron a publicar o seu propio periódico, lede as súas noticias!




PERIÓDICO 2º by Slidely Slideshow

Europa escribe versos


Este trimestre no Proxecto Comenius estivemos a traballar  a poesía en Europa. Cada curso traballou sobre un país e un autor. Buscamos información sobre o autor e a súa obra e fixemos un traballiño con toda a información que atopamos. Mirade que chulo o resultado final!!!!!!!!!!



Viaxe por Europa by Slidely Slideshow

xoves, 20 de marzo de 2014

Atención por favor!... din os rapaces de 1ºB

Pasade, pasade, vide a ver actuación na Biblioteca dos rapaces de 1ºB





Animádevos a comentarnos que vos parece!

mércores, 19 de marzo de 2014

domingo, 16 de marzo de 2014

Novas Tecnoloxías

Todos sabemos o importantes que son as Novas Tecnoloxías hoxe en día. Por este motivo incorporamos ao noso fondo na Biblioteca un par de contos sobre o tema para traballar cos pequeniños de Educación Infantil e o 1º Ciclo.

xoves, 13 de marzo de 2014

Extra , Extra!!!!!!!!!!!

Os nosos periodistas de 3ºB traennos mais noticias!!!!!!!!!!! 



                                                    

Podedes ler....

Parece que os rapaces estanse a animar a facer recomendacións de libros en galego!
Recordámosvos que para facelo tedes que falar coa profe Lucía , de 1ºB.
Aquí temos as de Brais e Martín





mércores, 12 de marzo de 2014

Roald Dahl

Os rapaces e rapazas de 6º adicaron a súa actuación do Mércores  a un dos autores que traballamos este trimestre no Proxecto Comenius, Roal Dahl.


martes, 11 de marzo de 2014

Seguen as recomendacións

Hugo e Claudia tamén se animaron a facer recomendacións. Aquí volas deixamos









Nina Buena, Nina Mala. 5ºB


Tódolos mércores , os nenos e nenas do 2º e 3º Ciclo , xúntanse na Biblioteca para levar a cabo actividades de animación á lectura.
Aquí está 5ºB con NINA BUENA, NINA MALA.







Recomendacións

Tedes ganas de ler e non sabedes que libro? Pois botádelle unha ollada aos que nos recomendan Alicia, Natali  e Tania 



 



As Fragas de Sisalde 1ºB

E aqui veñen os peques de 1ºB coa súa actuación !




luns, 10 de marzo de 2014

O noticieiro de 4º

Na Semana da prensa, os alumnos de 4º fixeron o seu propio xornal, con representación incluída na biblioteca. A verdade é que o fixeron xenial, por iso queremos felicitalos e animalos a que sigan expoñendo as creacións de todos e cada un deles. ¡¡Parabéns!!

Concurso: "Crea a Leroucho"


Debuxa a Leroucho!!!!!!!
Mañá dará comezo o concurso para elixir o debuxo que represente a Leroucho, a nosa mascota. Tedes de prazo ata o 7 de abril. As bases serán as seguintes:
1. Tamaño: unha cuartilla.
2. Debuxo libre do moucho Leroucho.
3. Decórao con ceras, rotuladores,témpera, acuarela, etc.
4. Entrégao ao titor ou titora.

Mans á obra. Sorte!!


1º Exposición de pintura

Próximamente.....


venres, 7 de marzo de 2014

Poesía de EI 3 anos

Como xa sabedes, todos os venres temos unha actuación na biblioteca.
 Cada día vai unha clase ou  ben de EI  ou  ben do 1ºCICLO.
Mirade para os nosos pequeniños de 3 anos que ben o fixeron!


Festexamos o Entroido

O pasado venres tivo lugar a celebración do Entroido. A temática deste ano centrouse nos estilos musicais e, con ela, o cole amenceu cheo de punkies, roqueir@s e mexican@s.
Desfilamos...
Sacamos fotos de grupo, para que vexades o guap@s que estabamos...













e por se non fose pouco degustamos orellas, rosquillas, filloas,...e todo acompañado dun chocolate quentiño... como nos puxemos!! e que ben o pasamos!!

viva o entroido!!
P.D. e vos que opinades? cal ou cales foron os que máis vos gustaron? agardamos os vosos comentarios